Hosting por dinahosting.

Rutas Ornitolóxicas

Hoxe en día, a observación de aves é unha forma de turismo en auxe que mobiliza a millóns de persoas. Só en Europa estímase que 10 millóns de viaxeiros se desprazan cada ano para observar as especies máis raras ou exóticas.

Pero non é necesario ir moi lonxe para disfrutar delas. Basta calquera recuncho, mesmo os espazos urbanos, para que as aves nos trasladen inmediatamente un latexo de vida silvestre.

A diversidade de especies que ao longo do ciclo anual se poden observar neste territorio é moi notable, sobre todo, tendo en conta o carácter urbano e periurbano dalgunhas zonas, que lonxe de limitar a súa presenza permite unha adaptación sorprendente das aves á actividade humana como sucede na Ría do Burgo, no encoro de Rexedoiro ou unha praia de Sada onde é posible aproximarse máis a elas que en ningún outro lugar do norte de España.

A maioría das rutas contan con boa accesibilidade, sendas, paseos marítimos e infraestruturas específicamente destinadas á Educación Ambiental. Recentemente acondicionáronse tanto a zona da Ría do Burgo, como a do encoro de Abegondo-Cecebre

A Ruta ornitolóxica da Ría do Burgo conta cunha completa sinalización e tematización ornitolóxica, integrada por 52 paneis informativos, onde se pode atopar información sobre as aves máis singulares e frecuentes neste espazo natural, e tamén sobre distintos procesos ecolóxicos.

A Ruta Ornitolóxica “O Bosque Animado”, situada na zoda do encoro de Abegondo-Cecebre, sustitúe os paneis informativos por uns novedosos fitos de pedra, con ilustracións do artista local Suso Cubeiro, que ademais de informar sobre a fauna e a flora de entorno, tamén o fan sobre a mitoloxía e lendas galegas, así pódese coñecer a parte máis formal das aves, pero tamén as lendas e mitos que existen en torno a elas.

Moitos dos percorridos poden realizarse en bicicleta de montaña e mesmo convencional, xa sexa por paseos marítimos, sendas ciclistas ou camiños aptos para practicar o ciclismo. A concepción circular de varias das rutas facilita que o turista poida iniciala en calquera dos seus tramos e completala da maneira que lle resulte máis cómoda para os seus intereses ou en función do tempo que dispoña, e a gran conectividade entre elas permite tamén a posibilidade de enlazar varias rutas.

Todas estas actuacións foron desenvolvidas no ano 2015 polo Consorcio As Mariñas e a Axencia de Turismo de Galicia.

Deixámosche o seguinte enlace a páxina web que te permite coñecer as 12 rutas de senderimos e avistamento ornitolóxico, as principais aves presentes nas Mariñas e as distintas experiencias turísticas do territorio.

RUTAS ORNITLÓXICAS