Con esta ruta de sendeirismo conéctanse dous importantes enclaves patrimonais visitables do Concello de Coirós: Os xacementos arqueolóxicos da Espenuca e de Pena Furada.
No caso da Espenuca, trátase nun magnífico mirador, dende o que se pode divisar a comarca das Mariñas e gran parte do territorio norte do Concello de Coirós. Este lugar foi castro, mosteiro e castelo medieval, de todo o cal se conserva unha interesante igrexa de estilo románico construída no século XII.
Roteiro Espenuca – Pena Furada
Deixámosche un enlace para que poidas obter máis datos sobre esta ruta e as súas características.
RUTA ESPENUCA – PENA FURADAOutro lugar singular é o xacemento arqueolóxico de Pena Furada, dotado dunha maxia especial, e no que se poden localizar ata sete gravuras con distintos motivos. O elemento máis famoso é o de unha figura feminina ao que se lle deu en chamar Moura, interpretado ata o momento como a imaxe dunha antiga deusa da fertilidade. No xacemento podemos atopar tamén antigos muros asentados na rocha a modo de restos dun pasado de actividade humana na zona.
Ámbos os dous están ubicados sobre dúas atalaias naturais: A Espenuca, a 282 m., e Pena Furada, a 277m., con visión panorámica sobre a comarca e sobre os ríos Mendo e Mandeo respectivamente. A ruta ampliase nos seus extremos para conectar con outras rutas de sendeirismo.
O percorrido, duns 8,5 km. é de dificultade media si se inicia nos puntos máis baixos, que son o lugar de Chelo no río Mandeo, ao Norte, e a Ponte das Moas sobre o río Mendo, ao Sur, e de baixa dificultade entre os dous xacementos arqueolóxicos.
No extremo Sur esta ruta conecta coa SM 14 e a SM 15, apta para BTT, conectándonos co veciño Concello de Oza.
Ruta Mendo
Deixámosche un enlace para que poidas obter máis datos sobre esta ruta e as súas características.
RUTA MENDO
Na zona norte, entre A Espenuca e o cruce a Chelo compártese o trazado cos sendeiros do Mandeo SM 10 e SM 11, durante uns poucos metros. Usarémolos para baixar ou subir dende o río Mandeo.
Ruta Mandeo
Deixámosche un enlace para que poidas obter máis datos sobre esta ruta e as súas características.
RUTA MANDEO
Na aldea da Espenuca quedan as ruínas da Casa Grande dos Currais con varias edificacións, un gran hórreo e a vella capela do lugar.
En Chelo, paraxe de extraordinaria beleza natural tamén está ubicado o Centro de Interpretación da Natureza e do Mandeo, da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Rogamos máxima atención e moita precaución ao cruzar a N VI en Figueiras, punto máis perigoso do percorrido xunto co cruce da carretera ao Mirador da Espenuca.
Aínda que na súa maioría discorre por pistas asfaltadas, forestais ou antigos camiños, teñan en conta que estes non sempre están en bo estado e presten moita atención ao tráfico.
Para evitar perderse poden seguir as frechas de dirección dispostas no traxecto con R. Mandeo, dirección Norte e R. Mendo, dirección Sur.
Para máis información pódense visitar as paxinas web:
Enmarcados nunha comarca na que predomina a auga, o entorno de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, permite desfrutar de sendas e camiños coas que mergullarse no corazón natural, patrimonial e monumental deste territorio.
Especial atención merecen os diferentes Espazos Naturais Protexidos (ZEC), incluídos na Rede Natura 2000, ademais de outras pequenas áreas naturais que lle atribúen unha gran riqueza natural e paisaxística.
A Reserva de Biosfera ofrece un amplo abano de sendas para todos os públicos, gustos e intereses.
Todos estos camiños permiten coñecer a fondo o territorio, ao tempo que ofrecen unha oportunidade de aprender a gozar da natureza, observar as aves, descubrir a historia, a cultura e patrimonio ou degustar a ampla gama de produtos tradicionais e locais como os mexillóns de Lorbé, o Pan e as empanadas de Carral, os lácteos, as marmeladas, produtos hortícolas… que solos ou acompañados dunha boa cervexa artesá ou un viño da Indicación Xeográfica Protexida “Viño da Terra de Betanzos”, din que axudan a percorrer mellor as sendas: “[…] con pan e viño, faise o camiño”.
Roteiros Dispoñibles Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Deixámosche un enlace para que poidas ver as rutas dispoñibles e as súas características.
RUTAS