Acta Fundacional

No edificio da Senra,  Concello de Bergondo, o día 23 de xullo do ano 2008 sendo ás 19.00 horas, reúnense as seguintes persoas en representación de diversos colectivos segunda a táboa seguinte:

ENTIDADE
CONCELLO
ASOC. PARA A RECUPERACIÓN, DEFENSA, PRODUCIÓN E PROMOCIÓN DA GALIÑA PIÑEIRA
A CORUÑA
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ASOCIACIONES COMARCALES DE EMPRESARIAS, PROFESIONALES Y EMPRENDEDORAS DE A CORUÑA (FEDACEPE)
A CORUÑA
COLEGIO OFICIAL DE INGENIEROS TÉCNICOS INDUSTRIALES DE A CORUÑA (COETICOR)
A CORUÑA
COLEXIO OFICIAL DE VETERINARIOS DE A CORUÑA
A CORUÑA
FUNDACIÓN PARA O AVANCE CIENTÍFICO DA VETERINARIA EN GALICIA
A CORUÑA
ASOC. PRO ENFERMOS MENTALES (APEM)
A CORUÑA
ASOCIACIÓN ASPRONAGA
A CORUÑA
ASOCIACIÓN DE PADRES PARA LA FORMACIÓN DE JÓVENES LÍMITE
A CORUÑA
FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS D MINUSVÁLIDOS DA PROVINCIA DE A CORUÑA (COGAMI-CORUÑA)
A CORUÑA
ONGD ECOS DO SUR
A CORUÑA
CONCELLO DE ABEGONDO
ABEGONDO
ASOC. QUEIXEIRAS DE ABEGONDO E COMARCA
ABEGONDO
ASOCIACIÓN TERRA DAS MARIÑAS
ABEGONDO
ASOC. DE CAZADORES DE ABEGONDO
ABEGONDO
ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA Y CONSUMIDORES DE ABEGONDO
ABEGONDO
ASOCIACION XUVENTUDE E NATUREZA
ABEGONDO
ASOCIACION DE EMPRESAS DE SERVICIOS FORESTAIS DE GALICIA
AMES
CONCELLO DE ARANGA
ARANGA
VAL DE ARANGA ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA
ARANGA
CONCELLO DE ARTEIXO
ARTEIXO
COOPERATIVA AGRARIA PROVINCIAL DE A CORUÑA, S. COOP. GALEGA
ARTEIXO
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DEL POLÍGONO DE SABÓN – ARTEIXO
ARTEIXO
ASOC. CULTURAL DEPORTIVA POLOS CAMIÑOS DE ARTEIXO
ARTEIXO
ASOCIACIÓN DE HOSTALEIROS DE ARTEIXO
ARTEIXO
CONCELLO DE BERGONDO
BERGONDO
LUPULO TECNOLOGÍA DE GALICIA, S. COOP. GALEGA
BERGONDO
ASOCIACIÓN DE ARTESÁNS AS MARIÑAS
BERGONDO
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE BERGONDO
BERGONDO
ASOCIACIÓN ELAS
BERGONDO
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS PEDRAS BRANCAS
BERGONDO
CONCELLO DE BETANZOS
BETANZOS
ASOCIACIÓN DE COSECHEROS DEL VINO DE BETANZOS
BETANZOS
ASOCIACION SECTORIAL DE VITICULTORES E ADEGUEIROS DE BETANZOS E COMARCA
BETANZOS
SINDICATO LABREGO GALEGO
BETANZOS
CLUB HAN´S HORANG-I
BETANZOS
FUNDACIÓN COMARCAL DE BETANZOS
BETANZOS
ASOCIACIÓN GALEGA FORMACIÓN, ENTORNO, MULLER E SOLIRADIDADE (AGAFEMES)
BETANZOS
CLUB ATLETISMO AS MARIÑAS
BETANZOS
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS LIAFAIL
BETANZOS
CONCELLO DE CAMBRE
CAMBRE
ASOC. DE EMPRESARIOS E EMPRESARIAS DE CAMBRE
CAMBRE
FUNDACIÓN INDALI
CAMBRE
LIMCO, S. COOP. GALLEGA INTERES SOCIAL
CAMBRE
PLATAFORMA REPRESENTATIVA ESTATAL DE DISCAPACITADOS FÍSICOS DE GALICIA (PREDIF -GALICIA)
CAMBRE
CLUB CICLISTA DE CAMBRE FRISONOBLE
CAMBRE
ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS ANTONIA DANS
CAMBRE
CONCELLO DE CARRAL
CARRAL
ASOCIACIÓN CULTURAL «CULTURA ABERTA»
CARRAL
CONCELLO DE CESURAS
CESURAS
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS «SAN PEDRO DE BORRIFÁNS»
CESURAS
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CUTIÁN
CESURAS
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE CESURAS
CESURAS
CONCELLO DE COIRÓS
COIROS
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DEL POLÍGONO DE COIRÓS
COIROS
CONCELLO DE CULLEREDO
CULLEREDO
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN MARTÍN DE SÉSAMO
CULLEREDO
ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL O CRUCEIRO DE CELAS
CULLEREDO
ASOCIACIÓN DEPORTIVA E CULTURAL SAN COSME
CULLEREDO
ASOCIACION EMPRESARIOS DE CULLEREDO
CULLEREDO
ASOCIACIÓN COMERCIANTES CULLEREDO
CULLEREDO
COMUNIDADE MONTES EN MAN COMÚN DE CASTELO
CULLEREDO
ASOC. MESTURA PARA LA INTEGRACIÓN SOCIAL DE LOS INMIGRANTES Y EMIGRANTES
CULLEREDO
CLUB AGRUPACIÓN DEPORTIVA E TEMPO LIBRE A PEDROSA
CULLEREDO
ASOCIACIÓN HOSTALERIA DE CULLEREDO
CULLEREDO
CONCELLO DE IRIXOA
IRIXOA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN TIRSO DE AMBROA
IRIXOA
C.M.V.M.C. EL RAÑO
IRIXOA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS «A IRMANDADE DE BEMANTES»
MIÑO
ASOCIACIÓN BAIXOI
MIÑO
CLUB NAUTICO DE MIÑO
MIÑO
CONCELLO DE OLEIROS
OLEIROS
CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACION AMBIENTAL GALICIA (CEIDA)
OLEIROS
CONCELLO DE OZA DOS RIOS
OZA DOS RÍOS
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CIS
OZA DOS RÍOS
CONCELLO DE PADERNE
PADERNE
ASOCIACIÓN CULTURAL, RECREATIVA E DEPORTIVA «A ROSEIRA»
PADERNE
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS COMUNIDADE PARROQUIAL DE SOUTO
PADERNE
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN PANTALEON DAS VIÑAS
PADERNE
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN ESTEBO DE QUINTAS
PADERNE
ASOCIACIÓN O RABO DO GALO
PADERNE
ASOCIACION CULTURA LIBRE DE PADERNE ROXIN ROXAL
PADERNE
CONCELLO DE SADA
SADA
ASOC. DE PARAPLÉJICOS Y GRANDES MINUSVÁLIDOS DE GALICIA (ASPAYM)
BERGONDO
ASPACE
SADA
CLUB DE REMO MARIÑEIRO FONTAN – SADA
SADA
MEIGAS, ASOCIACION CULTURAL DE MULLERES
SADA
COFRADIA DE PESCADORES DE SADA
SADA
ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE SILVICULTORES DE GALICIA (SILVANUS)
SANTIAGO
ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE LA INDUSTRIA 1ª TRANSFORMACIÓN DE LA MADERA DE LA CORUÑA
SANTIAGO
FUNDACIÓN G-PRODIS
SANTIAGO
ASOCIACIÓN PROFESIONAL XORNAGA
SANTIAGO
SOCIEDADE GALEGA HISTORIA GALEGA
SANTIAGO
ASOCIACIÓN COORDENADORA NACIONAL GALEGA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
VIGO

Todos eles maiores de idade  e con capacidade de obrar ACORDAN:

1.  Constituír unha asociación sen ánimo de lucro, ó abeiro da vixente Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, denominada “ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS – BETANZOS”, que desenvolverá preferentemente as súas actividades no ámbito da provincia da Coruña e terá o seu domicilio provisional no Edificio da Antiga Cámara Agraria de Abegondo , San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña e na Rúa da Pescadería, nº1 – 1º 15300 Betanzos – A Coruña, sendo os seus fins principais:

Vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos, ás mulleres, persoas con discapacidade e colectivos de difícil inserción sociolaboral, así como a protección do ambiente e á creación de emprego.
Sensibilizar as administracións locais, autonómica e estatal, así como as institucións comunitarias europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, co obxecto de optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos da zona de cara ao seu desenvolvemento harmónico e integral.
Ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ao desenvolvemento socioeconómico do medio rural, tanto a nivel nacional coma internacional, centrándose esta labor principalmente no coñecemento dos recursos e promoción de proxectos e iniciativas de interese para lograr un desenvolvemento harmónico, equilibrado, endóxeno, sostible e integral.
Posibilitar entre os asociados e outros interesados o intercambio de experiencias e metodoloxías de animación e desenvolvemento socioeconómico.
Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da zona.
Concienciar á poboación da necesidade de protexer o ambiente e o contorno rural, e tomar parte activa niso, mediante actividades orixinais e innovadoras.
Formular e transmitir á poboación a estratexia adecuada para lograr o desenvolvemento da zona, así como promover a súa aplicación.
Articular unha dinámica de participación que facilite o desenvolvemento tanto social como económico.

2. Aprobar os estatutos polos que se vai rexer a asociación, lidos neste mesmo acto e aprobados pola unanimidade dos asistentes, que se incorporan como anexo 1 a esta acta.

3. Aprobar o numero de representantes en Xunta Directiva de cada Mesa Sectorial, e elixi-lo órgano provisional de goberno da asociación, composto polos representantes de cada unha das Mesas Sectoriais nas que se organiza a asociación, segundo estatutos e que se relacionan de seguido, facultadas para a tramitación da inscrición da asociación no Rexistro correspondente de asociacións:

Mesa do Sector agrario, gandeiro e cooperativo (3 representantes)

-Sindicato Labrego Galego

-Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, S.C.G.

-Asociación Sectorial de Viticultores e Adegueiros de Betanzos

Mesa do Sector Forestal e da Madeira. (1 representante)

-Asociación Provincial de la Industria de 1ª transformación de la madera de A Coruña

Mesa de Asociacións e Colectivos de Mulleres. (1 representante)

-Asociación Elas

Mesa de Asociacións xuvenís e colectivos xuvenís (1 representante)

-Asociación xuventude e natureza

Mesa de Asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, ANPAS. (3 representantes)

-Asociación Val de Aranga

-Asociación O Rabo do Galo

-(pendente de nomear)

Mesa de Artesanía (1 representante)

-Asociación de Artesáns As Mariñas

Mesa de Asociacións e colectivos medioambientais ou actividades na natureza (1 representante)

-Asociación Cultural Libre de Paderne – Roxín Roxal

Mesa do Sector de turismo e hostalería (1 representante)

-Asociación Hostalería de Culleredo

Mesa de Asociacións de empresarios multisectoriais  (1 representante)

-Asociación de Empresarios de Culleredo

Mesa do Sector Institucional (2 representantes)

-Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Industriales de A Coruña (Coeticor)

-Colexio Oficial de Veterinarios de A Coruña

Mesa da Administracións locais (9 representantes)

-Concello de Abegondo

-Concello de Betanzos

-Concello de Cambre

-Concello de Coirós

-Concello de Culleredo

-Concello de Irixoa

-Concello de Oleiros

-Concello de Paderne

-(Pendente inclusión da Deputación Provincial de A Coruña)

Mesa da Pesca, marisqueo, acuicultura. (1 representante)

-Cofradía de Pescadores de Sada

Mesa Colectivos de Interese Social, discapacidade e ONG´s (2 representantes)

-Aspaym

-Ongs Ecos do Sur

E sen máis asuntos que tratar levántase a sesión, cando son as 21,00 horas do día 23 de xullo de 2008.

EstatutosSocios actuais