ASÓCIATE

REQUISITOS ADHESIÓN SOCIOS

GDR 23 ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS

1. Poderán formar parte da Asociación como socios todos os colectivos, asociacións ou entidades legalmente constituídas. Non poderán formar parte da asociación as persoas físicas e as sociedades mercantís, excepto as seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.

2. A documentación a presentar seguindo o disposto nos Estatutos da Asociación é:

Modelo de solicitude debidamente cuberta dirixida á Presidencia da Asociación e na que se manifeste a intención de pertencer á entidade, expoñendo os motivos (ANEXO I). Carta de recomendación dun socio da Asociación Mariñas-Betanzos, que pertenza ao mismo colectivo.
Certificado de representación na Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos; a Xunta Directiva da entidade asociada deberá nomear un representante titular e outro suplente para asistencia ás diferentes reunións que poidan xurdir no GDR. (ANEXO II).
Copia compulsada da Acta de Constitución da súa entidade.
Copia compulsada dos Estatutos e/ou escritura pública no seu caso.
Copia compulsada acreditación da súa inscrición no Rexistro correspondente.
Copia compulsada Tarxeta de identificación fiscal.
Memoria de actividades de la entidad en los dos últimos años.

(A documentación compúlsase gratuitamente na sede da Asociación, previo presentación documentos orixinais).

Cando un candidato a ser asociado non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada no tempo en dito ámbito territorial. (Presentar memoria de actividades dos dous últimos anos).
As entidades con domicilio social no ámbito de actuación, deberán acreditar un ano de actividade como mínimo.
A Presidencia dará traslado da solicitude á Xunta Directiva.
En caso de observarse deficiencia na documentación presentada e, previo á emisión do informe, a Presidencia requirirá á entidade interesada que corrixa a mesma dispoñendo dun prazo de dez días hábiles, transcorridos os cales sen ser rectificados, se dará a solicitude por desestimada, ditando a Presidencia a correspondente resolución.
A Xunta Directiva aprobará ou denegará a petición nun prazo non superior a dous meses, contado a partir do día da presentación no Rexistro da Asociación.
A Xunta Directiva adscribirá á entidade solicitante a unha das mesas sectoriais, segundo o seu interese preferente.
Se a solicitude é denegada, a entidade solicitante poderá recorrer ante a PRIMEIRA ASAMBLEA XERAL que se celebre: (Solicitude por escrito á Xunta Directiva) e onde figure na Orde do día da mesma Asemblea a súa solicitude de admisión.
Non se adquirirá a condición de entidade asociada mentres non se satisfaga a cota de entrada, que establecerá a asemblea Xeral (non existe cota de entrada na actualidade).

DOCUMENTOS DA SOLICITUDE DE ADHESIÓN

Anexo IAnexo II