A información destas actuacións é obtida fundamentalmente da páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da Xunta de Galicia, que é o organismo competente na avaliación do impacto ambiental de proxectos dentro do ámbito da Reserva.
As suxestións e comentarios dos proxectos pódense realizar a través das vías facilitadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e que se describen no seguinte enlace.
Nos enlaces que detallamos máis abaixo pódese descargar o documento no que se detallan os proxectos:
Desde a Dirección Xeral de Planificación e Ordenamento Forestal da Consellería do Medio Rural, iniciouse o 1 de outubro de 2020 a tramitación do “Proxecto de Orde pola que se modifica o Anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os Modelos Silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia”.
O obxecto deste proxecto de orde é a modificación do anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, co fin de incorporar novos modelos silvícolas ou de xestión forestal sustentables, así como engadir un novo campo caracterizador do nivel ou grao de intensidade de xestión que conleva a aplicación de cada modelo e a inclusión da avaliación do grao de resiliencia dos modelos propostos.Poden enviarse suxerencias, ata o 16 de novembro de 2020. Máis información no seguinte enlace: