O vindeiro venres, 1 de decembro nas instalacións do INGACAL-CIAM (ver mapa) celebrarase a 3ª Xornada «A Paisaxe Agraria Galega e Biodiversidade».
A xornada constará de varios relatorios, nos cales estudosos nestes eidos expoñerán as súas investigacións cos seus resultados, experiencias e consellos de diversas técnicas agrícolas e gandeiras no beneficio e conservación da biodiversidade.
O programa da xornada, así como o acceso ao formulario de inscrición tédelo dispoñible na seguinte ligazón á nosa web: acceso a nova.