Volver a noticias

A ASOCIACIÓN MARIÑAS-BETANZOS ACORDOU O DÍA DE ONTE CON SADA UN PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA O 100% DOS SEUS ESCOLARES

14/1/2022

As Mariñas Coruñesas prevé levar a iniciativa tamén a Culleredo, Betanzos e Abegondo A Reserva de Biosfera
sementará a semente da preservación ambiental nun milleiro de escolares do Concello de Sada. O presidente de as
Mariñas Coruñesas, José Antonio Santiso, e o alcalde de Sada, Benito Portela, rubricaron hoxe o convenio no salón de plenos, nun acto que contou coa presenza dos directores dos cinco centros de ensino do municipio: CEIP Mosteirón,
IES Mosteirón, CEIP Pedro Barrié da Maza, CEIP Sada e os seus Contornos, e o IES Isaac Díaz Pardo. O programa “Educando na Biosfera” Ampliará as actividades xa realizadas estes últimos anos pola colaboración das
dúas entidades. Increméntanse os ámbitos educativos a traballar e as opcións de actividades para o alumnado. Trátase dun plan educativo á carta. Cada centro selecciona aquelas iniciativas que desexa do programa, en función das súas necesidades, das idades e dos centros de interese dos rapaces. A Reserva propicia así que se traballen áreas de todo tipo como o cambio climático, o ciclo da auga, as especies invasoras, os hortos urbanos, as boas prácticas cos animais domésticos, a importancia das árbores, os incendios forestais e un longo etcétera. Tamén haberá numerosas visitas guiadas a recursos do territorio e poñerase en valor a Ruta do Impresionismo do pintor de As Mariñas, Francisco Llorens. E haberá un apartado para realzar As Brañas, humidal de referencia na Reserva.