Volver a noticias

A ASOCIACIÓN MARIÑAS-BETANZOS APROBA TRES PROXECTOS LEADER PARA AS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

14/1/2022

O importe de axudas a proxectos non produtivos de entidades sen ánimo de lucro, aprobado pola Asociación Mariñas-Betanzos para as anualidades 2018 e 2019, ascende a 90.071,99 euros.

A Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, na súa reunión do 10 de xullo, ten acordado aprobar o financiamento de diferentes proxectos non produtivos promovidos polas entidades sen ánimo de lucro de carácter ambiental e social. Proxectos aprobados:

ADECUACIÓN DE VISITANTES DA RESERVA DO CATORCE.

A Fundación Fragas do Mandeo promove este proxecto dirixido a levar cabo actuacións de custodia do territorio nunha superficie de 50.231 m2 no monte de Pedra Partida do Concello de Coirós co obxecto de crear unha microrreserva de anfibios.

Os investimentos deste proxecto ascenden a 18.473,98.-€. e contará cunha axuda de 16.626,58.-€.

AMPLIACIÓN NOVAS INSTALACIÓNS NA CIDADE DOS MUCHACHOS DE AGARIMO.

A entidade sen ánimo de lucro,Terciarios Capuchinos Ciudad de los Muchachos Agarimo ubicada en Arteixo, promove este proxecto co obxecto de adaptar un novo local para dedicalo a unha actividade de residencia onde as persoas poidan pernoctar e deste xeito poder ofrecerlles unha educación máis integral con valores.

Os investimentos deste proxecto ascenden a 64.122,08.-€ contando cunha axuda de 57.709,87.-€.

OBRADOIRO DE ALIMENTOS TEXTURIZADOS.

A entidade promotora deste proxecto é a asociación sen ánimo de lucro ASPACE constituída no ano 1977 coa misión de crear unha institución con carácter rehabilitador e pedagóxico para a recuperación, ensino e tratamento psicolóxico e educativo de persoas con parálise cerebral.

O proxecto consiste en adaptar un espazo do Centro actual como obradoiro de alimentos texturizados e dotalo do equipamento necesario.

Os investimentos deste proxecto ascenden a 60.823,76.-€ e activarase parcialmente cunha axuda de 15.735.-€