Volver a noticias

A ASOCIACIÓN MARIÑAS – BETANZOS EDITA UNHA NOVA PUBLICACIÓN: PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL, COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA

14/1/2022

Dende a Asociación Mariñas Betanzos preténdese con esta publicación impulsar o compromiso da Reserva de Biosfera coa difusión dos valores que este territorio acolle, así como dispoñer dunha ferramenta na que vertebrar actividades que se realizan no territorio da Reserva, no eido ambiental en sentido amplo.

Trátase de que sexa un instrumento de participación pública, no que a poboación local interactúe, e que en definitiva, sirva para dar a coñecer a Reserva de Biosfera.

Os equipamentos de educación ambiental constitúen unha ferramenta clave para a divulgación dos valores do patrimonio natural e cultural.
Nesta publicación recollése a Rede de equipamentos de educación ambiental presentes no territorio da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, así como as actividades ambientais que se celebran anualmente no territorio da Reserva da Biosfera.

PREME para descargar o programa.