Volver a noticias

A Reserva conclúe uns Outonos pola Igualdade dedicados aos machismos na mocidade coas vistas postas en continuar con novas accións no eido

14/1/2022

Mariñas Coruñesas lanzouse ao TikTok e Instagram para chegar aos adolescentes mediante unha campaña online con influencers Santiso, López Abella e Barral clausuraron o programa

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo dedicar o outono a traballar en accións para avanzar na igualdade de xénero. Os “Outonos pola igualdade” creáronse este ano coa meta de promover actitudes non sexistas na adolescencia e na mocidade do territorio.

A Reserva explicou os resultados da acción nun acto que tivo lugar o venres 6 de novembro en Betanzos e que foi retransmitido por Facebook Live. Ao acto acudiu o presidente, José Antonio Santiso, a alcaldesa de Betanzos, María Barral, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.

A iniciativa foi unha das primeira que realizou As Mariñas Coruñesas para a mocidade do territorio. Foi desenvolvida no marco dun convenio asinado pola Consellería do Medio Rural coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) cos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia para actuacións de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero.

“Isto non é algo exclusivamente ambientalista. O desenvolvemento sostible engloba campos como o social e en xeral calquera actividade do ser humano”, sinalou Santiso. O presidente amosouse decidido a continuar traballando neste eido.

López Abella manifestou quedarse “totalmente satisfeita” ao abordar uns micromachismos que en realidade “son macromachismos”. Salientou que se lograra chegar á mocidade, involucrándoos nestas circunstancias.

Barral congratulouse de que a Reserva pense tamén na igualdade e alabou a necesaria colaboración entre administracións.

As redes sociais preferidas desta franxa de idade acapararon grande protagonismo. Publicáronse vídeos nos perfís de Facebook e Instagram e, por primeira vez en TikTok, que se estreou. A campaña online estivo encabezada por Blondiemuser, unha bióloga de 25 anos de As Pontes con mais dun millón de seguidores en redes sociais implicada no coidado do noso planeta. Contou cun equipo de expertas dirixido por Sara Vierna Fernández, unha educadora social especialista en xénero e educación emocional.

Unha enquisa entre a mocidade permitiu realizar unha fotografía da situación desde o punto de vista dos protagonistas. Un 65% considero vivir nunha contorna con actitudes machistas.

As accións remataron cun taller formativo para o profesorado para facilitar o uso de guías didácticas e material audiovisual.