Volver a noticias

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo celebra o seu VII aniversario cunha serie de catro encontros dixitais

14/1/2022

Produtos de proximidade e de tempada, o modelo alimentario do futuro.

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo celebra o seu VII aniversario cunha serie de catro encontros dixitais para reflexionar sobre o novo modelo alimentario.

O primeiro será este venres 5 de xuño a partir das once. A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo acaba de cumprir 7 anos. Foi un 28 de maio de fai outras tantas primares cando a UNESCO recoñeceu con ese distintivo un territorio que abarca 17 concellos.

A partir dese momento a roda comezou a virar dando impulso a distintos proxectos dirixidos a fomentar o desenvolvemento dese territorio a través da agricultura, o ecoturismo ( a reserva foi declarada Destino de Calidade Turística SICTED), a cultura… Entre eles destaca, por exemplo, a creación dunha marca á que se adheriron aos poucos produtores ou restaurantes da zona que achegan á ciudadandía os produtos de calidade que se producen nas terras da
reserva.

Eses mesmos produtores son tamén os que fornecen aos comedores dos colexios da zona. Porque desde a reserva foron incluso máis aló ao promover o consumo de produtos ecolóxicos nos colexios a través da iniciativa de Ecocomedores, que forma parte do seu Plan Alimentario, unha iniciativa
pola que foi distinguida co premio Michel Batisse da UNESCO.

Agora, nun momento no que o coronavirus covid-19 marcou a pauta nos últimos meses, a reserva quere celebrar o seu aniversario cuns encontros virtuais, organizados pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia ( Ceida), nos que se fale de como ha de ser o modelo alimentario nesta época post- covid.

Durante catro xornadas que se celebrarán os días 5, 12, 19 e 26 deste mes expertos en distintos campos falarán da importancia deses modelos baseados na produción de proximidade que fomenten o consumo de produtos de tempada para reducir a pegada de carbono.

As xornadas que serán inauguradas este venres ás once da mañá por José Antonio Santiso Miramontes, presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; e por Carlos Vales Vázquez, Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Tras o seu presentaciónse dará paso ao primeiro dos encontros, que será transmitido a través da canle de Youtube da reserva. Nel participarán Xabier Medina Luque,
director da Cátedra UNESCO de Alimentación, Cultura e Desenvolvemento da Universidade Aberta de Cataluña ( UOC); Miguel Fernández
Pardo, responsable EcoComedores da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Eles tratarán de responder precisamente a iso, a
como debe de ser o noso modelo alimentario.

O primeiro encontro terá lugar este venres, 5 de xuño, de 11 a 12 h., coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, baixo o título ‘Cátedras Unesco como motor de cambio alimentario’. Contará coa participación de:

Máis información dos Encontros Biosfera en: http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/encontros-biosfera-por-un-novo-modelo-alimentario-vii-aniversario-da-reserva

PINCHA AQUÍ:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/sostenibilidad/2020/06/01/productos-proximidad-temporada-modelo-alimentario-futuro/00031591031934440557817.htm