A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo confirma o interese que suscita o seu traballo a nivel mundial. Con tan só cinco anos de vida, e tras recibir o recoñecemento da propia Unesco como unha das máis activas do mundo, a Reserva coruñesa foi elixida polo Banco Mundial e o Goberno de Paraguai para expoñer o seu exemplo e experiencia no Foro de Negocios Verdes que se celebra esta semana en Asunción. O presidente, José Antonio Santiso, foi convidado a acudir polo organismo internacional para pronunciar dúas conferencias nas que explicar a un público eminentemente especializado os pormenores do labor de desenvolvemento do territorio realizada nestes cinco anos.
A exposición do responsable de As Mariñas suscitou gran interese no Foro, dado o interese existente no sector institucional e empresarial do país en aproveitar o potencial do territorio para xerar negocios verdes. O Banco Mundial e o Goberno de Paraguai propuxeron a Santiso un irmandamento dos seus dous reservas coa de As Mariñas para asumir o modelo LEADER e o funcionamento e mentalidade da Reserva. A outra charla ofrecida polo presidente versou sobre o ecoturismo. Relatou a experiencias de turismo ornitolóxico, cultural ou de natureza. Tamén presentou o proxecto LIFE Water Way, que permitirá a dotación de fontes con auga baixa parámetros sanitarias para o descanso no Camiño de Santiago.