Volver a noticias

A Reserva de Biosfera asumirá a xestión do xeodestino turístico de As Mariñas

14/1/2022

A exposición sobre Francisco Llorens inaugurouse hoxe nas rúas de Ourense Abegondo, 31 de outubro de 2018. A xestión do xeodestino turístico da comarca recaerá na Reserva de Biosfera de As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Así o concretou coa Xunta de Galicia o presidente da Reserva, José Antonio Santiso, para poder traspasar a xestión desde o Consorcio As Mariñas. Este acordo, que se plasmará formalmente nas próximas datas, permitirá manter esta encomenda lograda @de la Xunta para unificar a mensaxe turistico e promover estratexias conxuntas nos municipios. Este traspaso desde o Consorcio realízase dado a ausencia de competencias formais para asumilo. Así o expuxo Santiso no pleno do luns e foi aceptado polos alcaldes que o compoñen. Co xeodestino serán varias as iniciativas que se asumirán desde a Reserva. É o caso da Ruta do Impresionismo en As Mariñas, asociada ao pintor Francisco Llorens, ou a estratexias de ecoturismo, vinculado ao medio ambiente. Con esta noticia, a Reserva poderá optar a convenios coa Xunta para a mellora da comercialización e promoción de produtos do destino As Mariñas. O presidente acudiu hoxe a Ourense á inauguración da exposición itinerante sobre Llorens. Alí estivo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. A mostra, que é ao aire libre na rúa do Paseo, está composta de cinco cubos onde se poderán ver as diferentes obras de Llorens, fundamentalmente aquelas que reflicten diferentes paisaxes e zonas de As Mariñas. A través desta mostra dáse a coñecer en Galicia o valor e a importancia de Lloréns como paisajista e a relación que garda a súa obra co territorio de As Mariñas e os seus concellos, que son o eixo central das súas pinturas.