A RESERVA DE BIOSFERA ESTIVO PRESENTE DENTRO DA MESA SOBRE NOVOS PRODUTOS TURÍSTICOS E PRODUTOS POST COVID
20/1/2022
Diego López, técnico da Reserva de Biosfera, participou na Presentación do Plan Director Galicia Destino Seguro 2021-2023 que ven de presentar a Xunta de Galicia.
A Reserva de Biosfera estivo presente dentro da Mesa sobre novos produtos turísticos e produtos post Covid, como Primeiro Destino de Ecoturismo certificado de Galicia a través do Soy Ecoturista • Club Ecoturismo en España
Neste Plan Director, o Ecoturismo terá un gran protagonismo, incluindo unha visión 360 ° no eido da sustentabilidade, calidade e dixitalización.
Unha boa nova para os nosos produtos, concellos, empresas e servizos turísticos locais!