Volver a noticias

A Reserva de Biosfera estrea como produto turístico unha ruta polos muíños de Caraña e as panadarías tradicionais de Betanzos

20/1/2022

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo impulsa experiencias turísticas vinculadas ao territorio. No seu papel de entidade xestora do geodestino, a entidade aposta polo lanzamento de produtos que aproveiten as potencialidades dos municipios que a conforman á vez que resulten atractivas para os visitantes.

Hoxe realizouse a presentación dunha nova experiencia: a Ruta A Moa e O Pan, por Betanzos. Ao acto acudiron o presidente da Reserva, José Antonio Santiso e a alcaldesa de Betanzos, María Barral, acompañados de Diego López, técnico da Reserva e o representante da empresa que desenvolve o produto, Compás, Proxectos de Animación Sociocultural e Turística.

A iniciativa pon en valor unha zona moi pouco coñecida de Betanzos: os muíños de Caraña e as panadarías tradicionais. Será de 5 km, transcorrendo polo río Pelamios, que alberga os 17 muíños, e acabando no centro histórico.


Será ruta guiada, na que os participantes coñecer o uso e tipos de moas, as partes dun muíño e as clases de cereais que se empregaban. Ao acabar ese percorrido xunto ao río, visitaranse as panadarías máis antigas de Betanzos, nas que se poderá observar un forno de pedra: Panadaría Moar, Panadería Rabizas e Forno de Santa María.

Agora poderase acceder a esta experiencia desde a propia empresa, pero posteriormente poderase encargar desde a Central de Reservas Turísticas que porá en marcha As Mariñas Coruñesas. Poderase complementar, opcionalmente, cunha comida nun restaurante da biosfera.

Santiso e Barral sinalaron que coa iniciativa “poñemos en valor as bondades do noso territorio á vez que apoiamos ou empresariado local”. Coa idea contribúese a “desestacionalizar” o turismo como base para xerar actividade económica na comarca.

Este é o terceiro produto turístico que estrea a Reserva, xunto coa ruta por Paderne con visita e degustación de tés na empresa Orballo, adherida á marca de calidade da Reserva, e lel percorrido en kaiaks polo Mandeo.

Ruta A Moa e o Pan, Betanzos

Ruta A Moa e o Pan, Betanzos

Ruta A Moa e o Pan, Betanzos

Ruta A Moa e o Pan, Betanzos

Ruta A Moa e o Pan, Betanzos

Ruta A Moa e o Pan, Betanzos

Ruta A Moa e o Pan, Betanzos

Ruta A Moa e o Pan, Betanzos

Ruta A Moa e O Pan, Betanzos

Ruta A Moa e O Pan, Betanzos

Ruta A Moa e O Pan, Betanzos

Ruta A Moa e O Pan, Betanzos

Vídeo resumo da ruta A Moa e o Pan

Dossier sobre a Ruta de Ecoturismo «A Moa e o Pan»
Neste documento poderás atopar toda a información ao respecto desta experiencia de ecoturismo.

PREME AQUÍ