Ante a situación actual de confinamento. A entidade ofrecerá as temáticas do proxecto vía online á comunidade educativa participante.
Realizarase unha formación telemática a través de vídeos, tutoriais, fichas didácticas de actividades… co obxectivo de achegar os valores e a filosofía da Reserva de Biosfera ás comunidades educativas e ás familias tamén durante esta etapa.
O sistema consiste en que desde a Reserva se facilitan os materiais ao profesorado dos centros de ensino mediante Google Classroom. Son os docentes quen logo os xestionan co alumnado.
En “Educando na Biosfera” están a participar os Concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Culleredo, Curtis e Sada.
Ademais, nas nosas redes sociais iremos publicando contidos e vídeos con diferentes actividades para realizar na casa cos máis pequenos.
Ante a situación actual de confinamento. A entidade ofrecerá as temáticas do proxecto vía #online á comunidade educativa participante.