UNETE AO VOLUNTARIADO NA RESERVA DE BIOSFERA!
A Asociación Mariñas Betanzos está inscrita no Censo de entidades de acción voluntaria de Galicia.
Para o ano 2015 tense deseñado un Programa de Voluntariado, coa finalidade de animar e dinamizar o desenvolvemento do territorio especialmente nas zonas rurais.
O persoal voluntario prestará apoio nas liñas de traballo comprendidas no Plan de Xestión da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo aprobado pola Xunta Directiva da Asociación “Mariñas Betanzos”, concretamente en:
Liña 2. Conservación dos recursos naturais e patrimoniais: Accións encamiñadas á conservación, recuperación, difusión e mellora dos recursos naturais.
Nesta convocatoria o Programa de voluntariado 2015 centrase no obxectivo de dar difusión á recente declaración da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, ademais de involucrar á poboación local no proxecto facéndoos partícipes da mellora do seu patrimonio ambiental e biodiversidade.
Con esta actividade de voluntariado preténdese identificar algúns dos problemas ambientais do territorio, actuando sobre catro vectores de conectividade e importancia no territorio. Estes catro ámbitos de traballo serán:
As Zonas litorais.
As rutas de sendeirismo da Reserva de Biosfera.
As zonas con algunha figura de protección na Reserva (espazos de especial conservación (Rede Natura 2000), e posibles Espacios Naturais de Interese Local (ENILs)).
Os Camiños de Santiago, ao seu paso polo territorio (ramal desde A Coruña e ramal desde Ferrol).
Para participar como persoa voluntaria nesta actividade deberase formalizar a inscrición a través do teléfono (981 669 541) ou correo electrónico info@marinasbetanzos.gal co asunto “VOLUNTARIADO 2015_MCeTM” indicando o nome e apelidos, fotocopia do DNI, correo postal de contacto, número de teléfono e correo electrónico de contacto.
Envíanos a túa ficha de inscrición cuberta que podes descargar premendo aquí:FICHA INSCRICIÓN