Volver a noticias

A RESERVA DE BIOSFERA “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO” PARTICIPOU NUN SEMINARIO NA RECUPERACIÓN DA ICTIOFAUNA PISCÍCOLA

14/1/2022

Como seguramente xa coñecedes, dende a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, estamos a participar nun proxecto do programa europeo LIFE dirixido á mellora dos corredores fluviais dalgunhas das zonas de maior valor ambiental do noso territorio. Podes consultar toda a información do proxecto en www.lifefluvial.eu.

O  16 de abril, dende o proxecto LIFE Fluvial  programouse un seminario online sobre a importancia da conservación dos corredores fluviais na recuperación da ictiofauna piscícola, na que participaron máis de 70 persoas.

Tratouse dunha interesante xornada dirixida a persoal especializado en materia de medio ambiente e de conservación de cursos fluviais.

Cartel_Programa_DEF_G