Os pasados 12 e 13 de decembro tivo lugar na Escola Politécnica Superior de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o I Simposio Ibérico sobre agroecoloxía, municipalismo e desenvolvemento rural, organizado pola USC, a Deputación Provincial de Lugo, a Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE) e a Rede de Municipios TERRAE.
Cerca de 50 entidades chegadas de toda a Península Ibérica e Canarias presentaron as súas iniciativas agroecolóxicas innovadoras en dúas xornadas onde se traballou en distintas dinámicas de grupos no intercambio de ideas, experiencias e coñecemento sobre a formación e o acompañamento ao emprendemento agroecolóxico, a comercialización de producións locais agroecolóxicas e a compostaxe como competencia municipal e reto agroecolóxico.
Jorge Blanco (Xestor da Reserva de Biosfera) e Beatriz Suárez (Laboratorio do Territorio da USC) compartiron cos asistentes nos avances do traballo de deseño do Plan alimentario e as actividades que se veñen poñendo en marcha neste ano co apoio da Fundacion Biodiversidad.
Máis info: