Como celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 nesta anualidade 2019, dende a Reserva de Biosfera programouse unha actividade divulgativa na Zona Especial de Conservación (ZEC) Betanzos-Mandeo. Dentro das actuacións a desenvolver, a sensibilización e concienciación ás comunidades escolares ocupa un lugar prioritario. Así, no marco de LIFE FLUVIAL, 125 escolares en total de 5º de primaria do CEIP Vales Villamarín (Betanzos) tiveron a ocasión de visitar o Pazo de Mariñán, recibiron un taller formativo sobre aves autóctonas e elaboración de caixas niño así como de identificación de flora exótica invasora.
A esta actividade acudiú o Presidente da Reserva de Biosfera; José Antonio Santiso Miramontes, a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e Presidenta de Augas de Galicia; Ethel Vázquez Mourelle, Alcaldesa de Bergondo (anfitriona do lugar visitado dentro da ZEC Betanzos-Mandeo); Alejandra Máquez Pérez,Alcaldesa de Betanzos; María Barral Varela eo Concejal de Formación e Emprego de Betanzos; Diego Fernández López.