Volver a noticias

Á RESERVA DE BIOSFERA MCeTM UN DOS 10 TERRITORIOS PILOTOS EN EUROPA

14/1/2022

Teñen escollido á Reserva de Biosfera MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO como un dos 10 territorios piloto en Europa desde a UNESCO para replicar as aprendizaxes e aprender das boas prácticas desenvoltas no proxecto HORIZONTE 2020 “RURITAGE” (Posta en valor do patrimonio para o rexurdir do rural).

Os Centros de Patrimonio Rural son lugares para investigar e impulsar a innovación social relacionada co patrimonio. Reúnen diferentes tipos de partes interesadas, como autoridades locais e rexionais, empresas, ONG, museos, parques (Naturais) (Geo), centros de investigación e organizacións da sociedad civil. Estos centros actuarán como laboratorios viventes donde se desenvolverán (máis) as estratexias para avanzar no territorio a través dun proceso de creación conxunta e participación de todos os interesados.

Por outro lado, estes Centros de Patrimonio Rural son o corazón da experiencia de aprendizaxe mutuo entre as partes interesadas locais e os habitantes e tamén todos os participantes do proxecto RURITAGE. O coñecemento e as habilidades obtidas doutras rexións involucradas neste proxecto transmitiranse a todas as partes interesadas a través de actividades de desenvolvemento de capacidades.

Dentro do proyecto RURITAGE, participaron 6 áreas de innovación que serán a base para diferentes tipos de estratexias de rexeneración empregando o patrimonio. Estas estratexias adaptaranse ao contexto local, investigarán, desenvolverán e implementarán nos 19 Centros de Patrimonio Rural a través da xestión e planificación do patrimonio participativa e comunitaria.

Unha vez finalizada esa aprendizaxe, buscarase intercambiar experiencias con outros territorios e que sexamos nos os que poidamos coñecer os resultados prácticos deste proxecto para poder replicarnos, polo que teñen escollido á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo entre estes 10 territorios piloto!

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.ruritage.eu/node