Volver a noticias

A Reserva emprende a formación aos produtores para a obtención do distintivo de calidade turística

14/1/2022

O plan comezou o 28 de xullo en Abegondo e incluirá sesións  especificas sobre o COVID-19

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras  do Mandeo iniciou  o seu plan formativo de calidade turística para o fomento do agroturismo no territorio. Son 15 as empresas agroalimentarias do territorio, adheridas á marca de calidade, que participan nesta acción.

O presidente da Reserva, José Antonio Santiso, participou na apertura da formación, que tivo lugar no Casa  do  Concello de Abegondo. O alcalde incidiu na obtención dos selos de calidade como “factor crave e diferencial” para lograr un destino seguro nesta situación sanitaria.

Cada un dos 15 produtores accede nesta iniciativa da Reserva a consultorías específicas e individualizadas para levar a cabo plans de mellores que adapten as súas explotacións á realidade do ecoturismo. Mariñas Coruñesas é o primeiro destino de ecoturismo certificado en Galicia.

Realizaranse así mesmo talleres prácticos sobre a lexislación aplicable, @teniendo en cuenta as principais novidades xurídicas sobre o COVID-19 no campo agroalimentario.

Con esta formación homologada, as empresas obterán o distintivo de Calidade Turística SICTED. Ademais terán acceso a pertencer ao Club de Ecoturismo de España.

O agroturismo será unha das principais liñas dos paquetes turísticos que comercializará a Reserva de Biosfera. Os protagonistas serán os produtos, servizos e empresas locais.

As accións formativas están cofinanciadas pola Deputación da Coruña e polo programa LEADER.