Volver a noticias

A Reserva forma a 24 negocios para o selo de calidade hostaleira

14/1/2022

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras  do Mandeo aumentará o número de establecementos hostaleiros adheridos á súa marca de calidade.

Un total de 24 empresas -12 restaurantes e 12 aloxamentos- formalizaron a súa solicitude para a súa certificación. Uniríanse así aos 19 restaurantes que xa obtiveron o selo en 2019.

A entidade comezou onte a formación individualizada con estes negocios para a obtención da certificación. Recibirán, superado o proceso, a homologación en calidade turística  Sicted e a inclusión no Club de Ecoturismo de España. A iniciativa de Restaurantes da Biosfera e de Aloxamentos da Biosfera é promovida pola Reserva para potenciar o tecido hostaleiro e crear sinerxias cos produtores.