A Federación de Asociacións Empresariais das Mariñas organizará a segunda edición de Maridar. En colaboración coa Consellería do Mar e do Golfo Ártabro Sur, o evento celebrarase durante os días 11, 12 e 13 de setembro nas instalacións do Concello de Sada. Será o venres e sábado durante todo o día e o domingo só pola mañá.
Baixo o nome II Encontro Maridar: Produtores, Gastronomía, Lecer e Turismo-Sabor dás Mariñas, o principal obxectivo do evento recae en poñer en valor e promocionar os produtores, produtos e servizos propios que caracterizan á comarca das Mariñas.
Entre as actividades que se realizarán durante estas tres xornadas cabe destacar os expositores de produtos tanto do mar como da terra, as charlas formativas, as actividades de formación, os talleres e a realización de actividades conxuntas con actores do turismo mariñeiro, marítimo e náutico (deportivo e recreativo).
A inauguración de Maridar II será o venres día 11 ás 11.00 horas na praza Irmáns Suárez Picallo de Sada. No encontro participará a conselleira de Pesca, Rosa Quintana.
Medidas de seguridade
No medio dun contexto extraordinario protagonizado pola crise sanitaria do covid, desde a Federación de Asociacións Empresariais das Mariñas — os organizadores de Maridar—, garanten que se respectarán todas as medidas de seguridade e hixiene durante as tres xornadas.
PINCHA AQUÍ:triptico-maridar II-2020