A xestión do xeodestino turístico da comarca recae na Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. O presidente da Reserva, José Antonio Santiso, asinou o xoves 11 de xullo de 2019, co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o convenio para o financiamento de accións de promoción turística na comarca, nun acto celebrado na Cidade dá Cutura.Así, As Mariñas Coruñesas impulsará accións que promovan o crecemento da marca de calidade da Reserva. levarán a cabo acciones de difusión dos produtores incluídos no selo e xornadas que dean visibilidade a estes produtos. Os Restaurantes da Biosfera, denominación recentemente creada para distinguir aos negocios de hostalería que inclúen na súa carta produtos autóctonos, serán outro dos obxectivos de promoción.