ESCOLA DE NATURALISTAS NA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO
Comprácenos anunciarvos o comezo do prazo de inscrición para a primeira promoción da Escola de Naturalistas na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (rbMCeTM).
Escola de naturalistas é unha actividade única no ámbito de formación ambiental en Galicia, dirixida ao aprendizaxe e identificación dos elementos que compoñen a biodiversidade galega. Nesta nova iniciativa, pretendese poñer en valor e amosar a riqueza biolóxica da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ao público interesado en aumentar os seus coñecementos da zona.
A actividade transcorrerá dende abril ata novembro de 2016, en 8 bloques (ornitoloxía, mastozooloxía, botánica, entomoloxía, herpetoloxía, odonatoloxía, anelamento científico e fotografía da natureza), que comprenden diferentes disciplinas que serán impartidas por expertos na materia.
Para información máis detallada sobre esta actividade, consulta as bases da Escola de Naturalistas na Reserva de Biosfera: PROGRAMA