Dende a Asociación Mariñas Betanzos estase a traballar na xeración de emprego, apoiando o emprendemento e a incorporación de novos activos á actividade agraria, no marco da agricultura ecolóxica e a recuperación dos cultivos tradicionais, mediante o desenvolvemento de actividades de acompañamento, aprendizaxe, titorización, do establecemento de relacións co sector, fundamentalmente coa pequena empresa agraria e a agroalimentaria así como as súas conexións co sistema galego de innovación.
A Asociación Mariñas Betanzos posúe, en calidade de cesión temporal, unha parcela de 1,93 hectáreas no lugar de O Campamento, parroquia de Iñás, Concello de Oleiros (A Coruña), para o que abre un proceso de convocatoria pública para uso da parcela como “Viveiro de Emprendemento Hortícola”, xúntase como anexo as Bases da Convocatoria con máis información.
O obxectivo desta iniciativa é animar a incorporación de persoas na produción hortícola, apoiando a formación e aprendizaxe.
Este proceso deberá ir ligado preferentemente á recuperación de variedades tradicionais e á produción ecolóxica.
Estas instalacións funcionaran como “viveiro de empresas” de maneira que as persoas emprendedoras poidan iniciarse na actividade hortícola durante un período limitado de tempo (3 anos).
Dende a propia Asociación, neste viveiro prestaránse servizos de aconsellamento e asesoramento a emprendedores durante a súa estadia.
Se eres unha persoa emprendedora, está pode ser a túa oportunidade para iniciarte na produción hortícola, para o que deberás presentar un modelo de solicitude que vai incorporado nas bases, indicando no asunto “Concurso de VIveiro de Emprendemento Hortícola”, acompañado de fotocopia de DNI, certificado de empadronamento e un Plan de Empresa coa túa proposta, sendo a data límite de presentación o 13 de xullo de 2015.
PREME AQUÍ PARA DESCARGAR AS BASES