Volver a noticias

Ábrese o prazo de inscrición para participar no XOGO ESCOLAR “A Auga non para”.

14/1/2022

Esta campaña de información e difusión sobre o ciclo da auga e o seu uso sostible na Coruña e a súa área de influencia, está promovida pola Empresa Municipal de Augas de A Coruña (EMALCSA) e pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Esta actividade vai dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, dos centros escolares da cidade da Coruña e a súa área metropolitana.
Trátase dunha actividade totalmente gratuíta e que non precisa de preparación previa por parte do profesorado. A canle é un xogo lúdico que se realiza nas aulas, deseñado para que as rapazas e rapaces que viven na área da Coruña poidan aprender xogando e reflexionen co profesorado sobre a importancia da auga como un recurso limitado.
Se o voso centro educativo quere participar nesta edición do Xogo Escolar “A Auga non para”, podedes solicitar que vos envíen o formulario de inscrición, ou recibir máis información contactando co equipo técnico da Reserva de Biosfera no correo electrónico info@marinasbetanzos.gal ou no teléfono 981 669 541.
O prazo de inscrición finalizará o Venres 15 de Novembro ás 14:00 horas.

PICHA AQUÍ:

Tríptico informativo_A AUGA NON PARA