Onte tivo lugar no Salón de Plenos do Concello a clausura do programa Educando na Biosfera.
Este programa de actividades realizado coa comunidade escolar, é unha iniciativa de aprendizaxe non formal en distintos campos, moi conectados cos obxectivos da Reserva de Biosfera, co fin de estimular a creatividade e o potencial xuvenil nos procesos de análise e aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, para implicarse dentro dun espazo sustentable en materia de innovación e benestar social.
O acto contou coa presenza e ás intervencións de José Antonio Santiso Miramontes, Presidente do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”; Benito Portela, Alcalde do Concello de Sada; Marisa Rúa. Concelleira de Medio Ambiente e Normalización Lingüística; María Nogareda, Concelleira de Educación e Deporte; e os representantes dos centros educativos do municipio Silvia Abrodos, Directora do CEIP Plurilingüe O Mosteirón; Odilo Airas, Director do CEIP Pedro Barrié de la Maza; Andrés Saavedra, Director do CEIP “Sada y Contornos”; José Antonio Portos, Vicedirector do IES Isaac Díaz Pardo e José Manuel Suárez, Secretario do IES Mosteirón.
PINCHA AQUÍ: