AMPLIACIÓN DO PRAZO ATA O 27 DE XULLO PARA PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS
Por mor das solicitudes recibidas por parte de potenciais emprendedores de cara á necesidade de máis tempo para perfilar as súas solicitudes, decídense ampliar os prazos definidos inicialmente segundo se especifica a continuación:
PREME AQUÍ PARA DESCARGAR AS BASES DO CONCURSO:
Dende a Asociación Mariñas Betanzos estase a traballar na xeración de emprego, apoiando o emprendemento e a incorporación de novos activos á actividade agraria, no marco da agricultura ecolóxica e a recuperación dos cultivos tradicionais, mediante o desenvolvemento de actividades de acompañamento, aprendizaxe, titorización, do establecemento de relacións co sector, fundamentalmente coa pequena empresa agraria e a agroalimentaria así como as súas conexións co sistema galego de innovación. Tamén apoia pequenos proxectos encamiñados a potenciar a competitividade das pemes agroalimentarias do territorio, tentando incidir en aspectos como a optimización de procesos produtivos, novas producións e técnicas de elaboración, mellora enérxetica, reforzo da ligazón das producións co territorio….
A Asociación Mariñas Betanzos posúe, en calidade de cesión temporal, unha nave de 268 metros cadrados no Viveiro Municipal de empresas que o Concello de Oleiros ten no Polígono de Iñás (Oleiros – A Coruña), para o que abre un proceso de convocatoria pública para uso desta nave como “Viveiro de empresas”, xúntase como anexo as Bases da Convocatoria con máis información.
O obxectivo desta iniciativa é animar a incorporación de persoas na TRANSFORMACIÓN AGROALIMENTARIA, apoiando a formación e aprendizaxe.
Estas instalacións funcionaran como “viveiro de empresas” de maneira que as persoas emprendedoras poidan iniciarse na actividade DE TRANSFORMACIÓN AGROALIMENTARIA durante un período limitado de tempo (3 anos MÁIS 2 ANOS PRORROGABLES).
Dende a propia Asociación, neste viveiro prestaránse servizo de aconsellamento e asesoramento a emprendedores durante a súa estadia. Se eres unha persoa emprendedora, está pode ser a túa oportunidade para iniciarte na actividade de TRANSFORMACIÓN AGROALIMENTARIA, para o que deberás presentar un modelo de solicitude que vai incorporado nas bases, indicando no asunto “Concurso de VIveiro de Emprendemento Hortícola”, acompañado de fotocopia de DNI, certificado de empadronamento, e un Plan de Empresa coa túa proposta, sendo a data límite de presentación o 20 de xullo de 2015. INFORMAR QUE ESTE CONCURSO TAMÉN VAI DIRIXIDO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS XA CONSTITUÍDAS.