“A ritmo de marcha nórdica na Reserva de Biosfera MCeTM”
O próximo domingo 22 de maio de 2016 celebrarase unha Andaina pola Reserva de Biosfera a ritmo de marcha nórdica, un exercicio físico novedoso, sinxelo, saudable e seguro que se está a convertir nunha opción de turismo sostible cada vez máis demandada pola sociedade. Todo esto, nun ambiente social, distendido, relaxado e divertido para os participantes.
• Data: domingo 22 de maio de 2016.
• Lugar de saída: Paseo Marítimo de Sada (Cerca da subida ó Castelo de Fontán, polas escaleiras do Paseo Marítimo).
• Hora de comezo: 10.00 horas.
• Hora de finalización: 13.15 horas.
• Ruta: PR-G 96 Costa Doce: Tramo de Ruta ata a Igrexa de Carnoedo. (Ida e Volta)
• Metodoloxía:
1º) Iniciación á técnica de Nordic Walking (NW): manexo de bastóns, importancia da técnica e os seus beneficios para a saúde.
Duración aproximada: 35 minutos.
2º) Ruta de 6 km (3 km de ida e 3 km de volta) pola ruta PR-G 96 Costa Doce: comezarase no Castelo de Fontán, ata a Igrexa de Carnoedo. (percorrido de ida
e volta).
• Inscricións: oficinadeturismo@concellodesada.com
O cupo de participantes será de 30 persoas. (Previa inscrición)
• Tempo estimado da actividade: 3 horas aproximadamente.
• Contacto (en caso de dúbidas a nivel organizativo): 677 53 35 36 (Cecilia García Carrara).
Para o desenvolvemento da Andaina, se entregarán bastóns e haberá dous monitores deportivos para toda a actividade.