Volver a noticias

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibe a visita do presidente do goberno de Illa do Príncipe

14/1/2022

O presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, José Antonio Santiso Miramontes, recibiu hoxe, luns 18 de marzo, ao presidente do goberno de Ia Illa do Príncipe -pertencente á República Democrática de San Tomé e Príncipe-, José Cassandra, e á conselleira de Medio Ambiente, Ana Alice Pina, en representación da Reserva de Biosfera da Illa do Príncipe. O obxectivo do encontro foi coñecer a experiencia do Concello de Abegondo na implementación de solucións de abastecemento e saneamento, desenvoltas como parte do programa Life ‘Rural Supplies’.

Como parte do encontro, visitaron a traída da Malata en Abegondo e a depuradora de Cullergondo.

Os representantes da Illa do Príncipe consideraron “moi interesantes” os proxectos acometidos por Abegondo, e esperan replicar estas iniciativas no seu país. Ambas as Reservas de Biosfera se hermanaron no ano 2018, impulsando o intercambio de coñecementos e experiencias, como neste caso.