Volver a noticias

As Mariñas obtén en París a certificación oficial da súa Ruta Cultural Europea do Impresionismo

14/1/2022

O presidente da Reserva recibiú o título do Itinerario, compartido con rexións de Francia, Alemania, Italia, Holanda y Eslovenia
A comarca coruñesa e a única incluida en España con unha ruta dedicada a Francisco Llorens.

O presidente da Reserva de  Biosfera ‘ As Mariñas Coruñesas e Terras do  Mandeo‘, José Antonio Santiso, acudiu onte a París para recibir a certificación oficial da ruta por parte da Unión Europea.
Trátase dun itinerario dedicado ao impresionismo en Europa. A iniciativa da súa creación parte da Asociación  Eau &  Lumière e nela  As Mariñas fíxose oco para enxalzar a figura do pintor Francisco  Lloréns. “Desde que coñecemos a idea loitamos para que a nosa comarca estivese presente dada a obra exquisita que realizara Francisco  Llorens polas paisaxes de  As Mariñas”, apunta Santiso.
Nestas Rutas do Impresionismo en Europa participan rexións de Francia, Alemaña, Italia, Holanda, Eslovenia e España, sendo o único territorio incluído o de  As Mariñas. Están dedicadas a autores recoñecidos da corrente impresionista:   Renoir,  Sisley,  Morisot,  Grohar,  Toorop,  Monet,  Caillebotte,  Bunke,  Signac e  Llorens. Un total de 10 autores cuxa obra se difundirá a través deste recoñecemento.

A certificación oficial foi entregada onte por Stefano  Dominioni, director xeral de Itinerarios Culturais do Consello de Europa. A cerimonia tivo lugar no histórico  Collège deas  Bernardins. “É un orgullo que a nosa comarca figure neste conxunto de rutas culturais”, sinala o alcalde de Abegondo, que destaca que o itinerario será “un novo aliciente turístico”.
No caso de  As Mariñas, a Reserva, que asume desde outono a xestión do xeodestino turístico de  As Mariñas, buscará enxalzar a figura de Francisco  Lloréns a través da experiencia dunhas rutas por onde desenvolveu a súa actividade artística. Os usuarios poderán contemplar in situ as paisaxes que pintou, observando a pintura orixinal.

Promoverase ademais un programa de actividades para levar a súa obra pola comarca, tanto aos escolares como ao público en xeral. “Queremos poñer en valor o traballo artístico de  Lloréns e o potencial da paisaxe da comarca como escenario da súa obra”, sinala Santiso, que forma parte do consello de administración  Eau &  Lumière para levar a cabo o proxecto.
Por agora xa se realizaron rutas  teatralizadas e pintáronse murais en vivo para dar a coñecer a obra de  Lloréns e loitar polo recoñecemento agora logrado. Ademais, elaborouse unha unidade didáctica que se distribuíu en todos os centros de educación primaria e secundaria de  As Mariñas. Este labor complementouse co folleto e a páxina web ( impresionismodasmarinas. com). O sitio web recolle unha división do traballo de  Lloréns en función dos lugares que inspiraron a súa obra. Bastiagueiro, Castelo, Mera e Betanzos son tan só algúns destas paisaxes.
Os Itinerarios Culturais Europeos naceron en 1987 co Camiño de Santiago coa intención de convidar o descubrimento da riqueza e diversidade cultural do continente. Hoxe xa son 30 os aprobados en ámbitos como a arte, literatura, arquitectura ou música.