Hoxe a partir das 19 horas están convocados todas as entidades asociadas ao GDR 23 Mariñas Betanzos, a dúas Asembleas Xerais Extraordinarias no Salón de Actos do Centro Sociocultural de A Senra (Concello de Bergondo), onde os principais asuntos a tratar serán:
- Proposta de modificación de Estatutos da Asociación Mariñas Betanzos, para adaptarse ao esixido nas Bases de AGADER para o Programa LEADER 2014-2020.
- Renovación da Xunta Directiva do GDR Mariñas Betanzos.
- Últimas novidades e avances ao respecto da Estratexia do Programa LEADER 2014-2020.