A ASOCIACIÓN DEDESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS-BETANZOS COA FUNDACIÓN CAIXABANK, PON EN MARCHA OCONCURSO DE PROXECTOS DE EMPRENDEMENTO RURAL, INICIATIVA ENMARCADA NO PROGRAMA“TERRA DE OPORTUNIDADES”, QUE PROMOVE O DESENVOLVEMENTO E O EMPRENDEMENTORURAL.
AAsociación Mariñas-Betanzos organiza unha convocatoria de “Proxectos deEmprendemento Rural” para apoiar iniciativas e proxectos de emprendemento noterritorio de Mariñas-Betanzos e así favorecer a creación de emprego, afixación de poboación no territorio e potenciar a cultura emprendedora.
DIRIXIDA A: persoas emprendedoras rurais no ámbito territorial deMariñas-Betanzos.
RETOS aos que vai dirixida a convocatoria. Os proxectos presentadosdeberán enmarcarse nalgunha das seguintes tipoloxías:
Proxectos produtivos con creación de emprego.
Proxectos de innovación produtiva.
Proxectos de apertura de negocios comerciais, en especial os queatenden necesidades básicas.
Os proxectos poderán ser de diferentes sectores: agroalimentario, gandería, agricultura ecolóxica, enerxía, forestal, servizos á poboación, artesanía, economía circular, mar e litoral, economía verde, ecoturismo, etc.).
OBXECTIVOS (dúas liñas de actuación):
1. Apoio directo a catro proxectos innovadores con capacidade de xerar emprego que poderán incorporarse tamén á incubadora rural online de CaixaBank do proxecto Rural Talent.
2. O resto de proxectos presentados poderán incorporarse aos programas formativos desenvolvidos polo Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
DATA LÍMITE:
O prazo depresentación de solicitudes iníciase o 20 de Decembro e remata o 15 de Febreiro de 2023, ás 15 horas.
Os proxectos deberán estar iniciados antes do 30 de Setembro de 2023.
CONSULTA AS BASES DA CONVOCATORIA:
https://www.dropbox.com/s/bm8i1lf37xhinhe/bases%20convocatoria%20programa%20emprendemento.pdf?dl=0
FORMULARIO DE SOLICITUDE:
MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDES:
info@marinasbetanzos.gal
TELEFONO DE CONTACTO:
981.66.95.41