Dende a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” estase a visitar diferentes centros escolares, co obxecto de dar a coñecer a Reserva da Biosfera entre os rapaces do territorio, así como promocionar o concurso do logo e lema da Reserva da Biosfera que remata o 30 de outubro o prazo para presentar proxectos.
Os centros escolares visitados foron: CEIP A Castellana de Aranga; Cruz do Sar de Bergondo; María Casares de Oleiros; Isaac Díaz Pardo de Sada; IES de Viós en Abegondo.
Mañá día 28 de outubro estaremos no IES de Curtis ás 8.45 horas e no Manuel Murguia de Arteixo ás 12.40 horas.