Dende a Asociación Mariñas Betanzos temos presentado no mes de maio de 2015 unha Candidatura aos Premios Camiño de Santiago 2015 polo seu traballo nos seguintes ámbitos: Reforzamento dos servizos no Camiño Inglés; Actuacións de promoción e divulgación; Actuacións de mellora no ámbito do Camiño Inglés e Participación en proxectos para a mellora do Camiño Inglés.
O día 19 de novembro recibimos a proposta de resolución da concesión destes Premios, onde conceden o Premio Camiño de Santiago 2015 na terceira Categoria á Asociación Mariñas Betanzos por un importe de 15.000 euros.
Mañá mércores 16 de decembro ás 11 horas no GAIÁS – Cidade da Cultura, Edificio CINC terá lugar o acto de entrega dos Premios Camiño de
Santiago 2015, onde estará representada a Asociación Mariñas Betanzos polo Presidente, Vicepresidente, membros do Comité Científico, e da Xunta Directiva, entre outros.
Para ver a Candidatura presentada pola Asociación Mariñas Betanzos preme no seguinte enlace:
CANDIDATURA PREMIOS CAMIÑO DE SANTIAGO 2015