Volver a noticias

Cata de viños da Reserva cunha vintena de responsables de establecementos

14/1/2022

Catar viños en tempos de pandemia sanitaria, e con máscara, require valentía e habilidade. Tívoa a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, nunha sesión con viños de seis adegas que teñen a marca de calidade desta denominación, e que se realizou na Adega Beade en Paderne co profesor Xosé Antonio Meixide.

Neste encontro participaron responsables de 21 restaurantes e aloxamentos co selo de calidade de Mariñas Coruñesas. O obxectivo é “impulsar unha estratexia” turística na que ofrecer “produción propia” para atraer público, segundo sinalou o presidente da Reserva, José Antonio Santiso. Con actos deste tipo preténdese promover os produtos turísticos destes concellos integrados na Reserva e neste caso ademais ofrecer “unha experiencia de maridaxe aos clientes” cos Viños dá Terra de Betanzos.