Dende a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas damos a benvida á primavera!
Xunto co Concello de Culleredo, celebramos este Día no Xardín Botánico do Burgo e na Aula da Natureza Juan Lembeye.
Foron moitas as actividades desenvolvidas hoxe con escolares: obradoiros de recoñecemento de flora autóctona e invasora, visitas guiadas polo Xardín Botánico, visita ó hotel de insectos, lectura do manifesto da Reserva de Biosfera, plantacións simbólicas de árbores, cantigas tradicionais e poesías sobre as nosas árbores