Volver a noticias

CICLO EN CULLEREDO “Outonos pola Igualdade na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”

14/1/2022

O xoves comezamos o ciclo “Outonos pola Igualdade na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” no Concello de Culleredo.
Este comezou abordando un dos temas de maior relevancia para o rural: o papel da muller na xestión do monte.
No evento participaron Lara Barros, do proxecto Mulime, Beatriz Rodríguez-Morales, da Universidade de Santiago de Compostela, e Pilar Iglesias e María Asunción Grela, da Asociación As Berenguelas.
O ciclo continuará o próximo xoves en Concello de Sada.
Reserva de Biosfera MCeTM