A partir do 20 de abril e o mes de maio, dende a Asociación Mariñas Betanzos está previsto convocar ás mesas sectoriais, onde entre outros asuntos a tratar, está a renovación da Xunta Directiva da Asociación Mariñas Betanzos e a Candidatura LEADER 2014-2020, a presentar ante AGADER antes do 2 de xullo de 2016.
En reunión de Xunta Directiva celebrada o día 11 de abril, acordouse unha proposta de modificación de Estatutos, para adaptarse á Convocatoria LEADER. Debido a isto, tamén acordouse celebrar novas eleccións para Xunta Directiva, e adaptarse aos 21 membros como máximo, tal e como esixe AGADER, convocando ás MESAS SECTORIAIS, co obxecto de que elixan aos seus representantes polos vindeiros 4 anos.
Nestas reunións de Mesas Sectoriais, realizaranse mesas de traballo onde se presentará o borrador da diágnose territorial e a identificación de oportunidades para o mesmo, que se está elaborando dende a Asociación Mariñas Betanzos.