Volver a noticias

CONCURSO DE IDEAS PARA PROPOÑER LOGO DA RESERVA DA BIOSFERA «MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO»

14/1/2022

AMPLIACIÓN DO PRAZO ATA O 30 DE OUTUBRO DE 2014:

Co obxecto de chegar á maior participación posible de persoas do territorio e sobre todo aos rapaces e rapazas do territorio valorouse dende a Xunta Directiva do GDR Mariñas – Betanzos, a posibilidade de ampliar o prazo de presentación de propostas ata o día 30 de outubro de 2014, tal como nos teñen demandado diferentes centros escolares do territorio e así poder cubrir a ampla área que supón o territorio da Reserva.

Así preténdese dende a organización do Concurso,  adaptar o calendario deste concurso ao escolar, visitando no mes de setembro ao máximo número de centros escolares e facer a máxima difusión posible deste concurso de ideas, ao mesmo tempo que se ofertará un novo programa de actividades dentro da Reserva para os alumn@s.

Descargar bases no seguinte enlace:

BASES