Volver a noticias

Concurso Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: Vídeos relacionados coa posta en valor das vantaxes competitivas que supón ser Reserva de Biosfera

14/1/2022

ANÍMATE E PARTICIPA!!!!!

Dentro dos actos conmemorativos pola celebración do III Aniversario da declaración da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” (28 de maio de 2013), a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos en colaboración co Concello de Sada, convoca un Concurso de Vídeos relacionado coa posta en valor das vantaxes competitivas que supón o feito de ser declarado como Reserva de Biosfera pola UNESCO este territorio da provincia da Coruña, que abarca un total de 17 Concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE VIDEOS

ANUNCIO: A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos convoca  o 3 de maio do 2016 o seguinte evento: “CONCURSO DE VIDEOS III ANIVERSARIO DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”

Data límite de participación: 23 de maio de 2016

DESCARGAR BASES:  Bases_Concurso de Vídeos_Aniversario RB_firmado

Máis información: 981 669 541 / info@marinasbetanzos.gal