BASES DA ACCIÓN PROMOCIONAL “A MIÑA RECEITA DA BIOSFERA”
1.- Quen organiza?
A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (San Marcos, s/n (Antiga Cámara Agraria, 1º andar) Abegondo, A Coruña – CIF / NIF: G70180807), realiza unha promoción, mediante a modalidade de concurso que denomina “A miña Receita da Biosfera” que se desenvolverá en conformidade co establecido nas presentes bases.
2.- Finalidade da promoción e premio
A finalidade do presente concurso é promocionar os produtos xa certificados da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e propór á cidadanía receitas que se poden elaborar con estos produtos como ingredientes.
A lista de produtos nesta dirección dixital da páxina web da Reserva da Biosfera MCeTM
Os premios se detallan nas presentes bases.
3.- Duración da promoción
Poderase participar na presente promoción desde o primeiro día no que se publique unha publicación convidando a participar e ata o 15 de decembro de 2020 ás 23:59, salvo prórroga notificada nas redes sociais de participación a tal efecto.
4.- Requisitos para participar no concurso
Non poderán participar na presente promoción os empregados da Reserva da Biosfera MCeTM así como os de aquelas empresas implicadas na realización da presente promoción, e aquelas persoas que teñan relación de parentesco ata o primeiro grao de consanguinidade e afinidade e os cónxuxes e parellas de feito dos anteriormente mencionados, así como os menores de 14 anos e as persoas non residentes en territorio español.
A Reserva da Biosfera MCeTM resérvase o dereito de eliminar xustificadamente a calquera participante que defraude, altere ou inutilice o bo funcionamento e o transcurso normal e regulamentario da presente promoción. A Reserva da Biosfera MCeTM resérvase o dereito de emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación da promoción.
5.- Mecánica do concurso
Nas redes sociais de Reserva da Biosfera MCeTM proporase iniciar o periodo de concurso e indicarase a data de finalización.
As redes sociais nas que se darán as indicacións para poder participar son as seguintes:
Aquelas persoas que participen no concurso asumen as presentes bases.
Non é preciso participar en todas as redes para ser participante no concurso. Pero se unha persoa usuaria participa coa mesma proposta de receita en diferentes redes so será contabilizado como participante unha delas.
E dicir, se unha persoa participa coa mesma proposta de receita en Instagram, Twitter e Facebook, acumula unha soa participación. Aínda que unha mesma persoa publique varias Receitas, so se contabilizará como participación unha delas.
As participacións que non cumpran cos requisitos establecidos para a presente promoción serán consideradas nulas e non poderán participar no concurso.
A Reserva da Biosfera MCeTM quedará exenta de toda responsabilidade que puidese derivarse dos posibles erros existentes nos datos facilitados polos participantes, no caso de que non sexa posible a súa identificación. Así como da participación de menores sen consentimento dos seus titores legais.
Para participar as persoas deberán comentar nunha das publicacións das ‘Receitas de Biosfera’ de Facebook, Twitter ou Instagram, de maneira pública (aberto a todas as persoas, sen limitación por círculo de amizades) cunha fotografía no que propoña a súa Receita da Biosfera e valorarase o uso de produtos certificados. As fotografías deberán seguir sendo públicas ata, á vez que menos, a entrega do premio. Na publicación ten que incorporarse a etiqueta (hashtag) # AMiñaReceitaDaBiosfera, agradécese citar á conta correspondente da Reserva da Biosfera MCeTM na rede na que se publique, a saber:
Na publicación deberán de detallarse:
6.- Os premios
Establécense 3 premios en forma de cestas de produtos da Reserva da Biosfera MCeTM. O valor total das tres cestas será de 345€. As cestas conformaranse repartindo ese importe tendo presente que o primeiro premio deberá ter máis valor que o segundo e o segundo máis ca o terceiro.
Sempre que as condicións sanitarias o permitan, os premios entregaranse nun acto público ao que deberán acudir as persoas gañadoras.
7.- Elección da persoa gañadora e xeito de comunicar o premio
Cando remate o período de participación un xurado visionará os vídeos participantes para valoralos tendo presente a receita desde un punto de vista gastronómico pero sobre todo a incorporación de produtos certificados da de Reserva da Biosfera MCeTM.
O xurado estará composto por 3 cociñeiras/os de restaurates coa certificación de marca de calidade Reserva da Biosfera MCeTM. Serán eles/as quen determine o resultado do concurso que contará cun máximo de tres vídeos gañadores outorgándose:
A forma de comunicación das persoa gañadora será a través das redes sociais nas que se admite a participación. Farase unha publicación nas redes da Reserva de Biosfera MCeTM, lembramos que son:
As persoas premiadas disporán de 3 días, a partir de que se anuncie que resultou gañadora, para aceptar ou rexeitar o premio contactando coa Reserva de Biosfera MCeTM por mensaxe privada na rede en cuestión. Poderán renunciar ao premio.
En caso de aceptalo, e toda vez se comprobe que as persoas gañadoras cumpren con todos os requisitos necesarios establecidos nestas bases, as persoas gañadoras deberá identificarse de xeito privado proporcionando os datos persoais que se lle soliciten para a xestión do premio, de conformidade co punto 9 destas bases legais.
En caso de resultar gañadora unha persoa menor de idade será polo menos unha das persoas que exerzan a súa titoría legal quen deberán tomar a decisión de aceptar ou rexeitar o premio. E será tamén con unha das persoas que ostenten esa tutela con quen se artelle a entrega do premio.
Os premios non poderán ser cambiado por outro ou solicitar o seu importe en metálico.
Tampouco se permite cedelo a unha terceira persoa.
No caso de que as persoas gañadoras non aceptasen o premio no prazo indicado, este premio podería declararse deserto.
As persoas que resulten gañadoras, ou un dos seus titores legais (se correspondese) deberán asinar un xustificante de recepción do premio. En caso contrario perderían o seu dereito á recepción do premio.
As persoas gañadoras deberán acudir a recoller o premio ao acto de entrega que se celebrará no lugar que indique a Reserva de Biosfera MCeTM, previsiblemente nun lugar do territorio desta Reserva de Biosfera.
8.- Exención de responsabilidade por mal funcionamento da rede
A Reserva de Biosfera MCeTM non se fai responsable do mal funcionamento as redes de comunicación electrónicas que impidan o normal desenvolvemento do concurso por causas alleas á mesma e especialmente por actos externos de mala fe. Tampouco será responsable de problemas de transmisión ou perda de datos non imputable á mesma.
9.- Dereitos de imaxe, e difusión do nome e apelidos
Ao participar no concurso, as persoas gañadoras (ou as persoas que ostenten a súa titoría legal se fose o caso) autorizan e consinten expresamente polo feito de participar na presente promoción á Reserva de Biosfera MCeTM a reproducir, utilizar, publicar e difundir, a súa imaxe e o seu nome e apelidos nas contas das súas redes sociais e da Reserva de Biosfera MCeTM, así como en calquera medio de comunicación, incluído internet e perfiles de Reserva de Biosfera MCeTM, para a promoción do concurso. Tamén consinte a reprodución do vídeo co que participaron no concurso nas canles indicadas.
As persoas gañadoras aproban acceder a que se lle tomen fotografías durante o acto de entrega dos premios, así como que a Reserva de Biosfera MCeTM empregue con fines publicitarios e promocionais o seu nome, imaxe, en calquera medio e material publicitario, incluídas as redes sociais. Así, as persoas gañadoras autorizan a participar na promoción, a que a Reserva de Biosfera MCeTM reproduza, utilice e difunda o seu nome apelidos e imaxe en calquera actividade publicitaria e/ou promocional que estea relacionada coa mesma, incluso durante o desfrute do premio, todo isto en calquera medio, incluído internet, sen que dichas actividades lle confiran dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases.
10.- Protección de Datos
De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais de Carácter Persoal e a súa normativa de desenvolvemento, así como a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da sociedade da información e comercio electrónico, á Reserva de Biosfera MCeTM informa as persoas participantes na promoción, que os datos persoais que nos faciliten, serán incorporados aos seus ficheiros, coa finalidade de xestionar o desenvolvemento da promoción e facer chegar o premio ao ganador/a, a súa negativa a subministrar os datos solicitados, determinará a imposibilidade de participar na promoción.
Os datos persoais facilitados poderán ser utilizados para o envío por medios tradicionais ou electrónicos (email, SMS, etc.) de información da Reserva de Biosfera MCeTM se se nos autoriza para iso. O consentimento poderase revocar en calquera momento.
As persoas gañadoras autorizan á Reserva de Biosfera MCeTM para a utilización da súa imaxe, do seu nome, apelidos, e recomendación de conformidade co indicado no punto 9 anterior.
No caso de ter facilitado a imaxe de terceiros, manifesta contar co expreso consentimento e autorización deses terceiros para a utilización da mesma pola Reserva de Biosfera MCeTM, conforme ao indicado no presente punto e no punto 9 anteriormente.
O titular dos datos poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación, mediante solicitude escrita dirixida á Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (San Marcos, s/n (Antiga Cámara Agraria, 1º andar) Abegondo, A Coruña – CIF / NIF: G70180807 e-Mail: info@marinasbetanzos.gal
Poderá consultar a política de privacidade na páxina web: http://marinasbetanzos.gal/aviso-legal
11.- Aceptación das bases
A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra de todas as cláusulas contidas neste documento de Bases, así como a submisión ao criterio da Reserva de Biosfera MCeTM en canto á resolución de calquera cuestión derivada do concurso e a ás decisións interpretativas que das presentes Bases realice esta última.
12.- Consideracións xerais
Reserva de Biosfera MCeTM resérvase o dereito de modificar a presente promoción se as circunstancias así o requiren. Igualmente, as persoas participantes recoñecen e aceptan expresamente que en calquera momento a Reserva de Biosfera MCeTM poderá modificar, interromper, desactivar e/ou cancelar a promoción por causas xustificadas.
O premio aceptarase pura e simplemente nas condicións e forma nas presentes bases establecidas, polo mero feito de recibir o agraciado o correspondente premio. A renuncia ao premio por parte da persoa gañadora non lle dará ningún dereito de indemnización ou compensación.
Reserva de Biosfera MCeTM non se responsabiliza das posibles perdas, deterioros, roubos, retrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento da presente promoción.
A persoa gañadora exime á Reserva de Biosfera MCeTM calquera responsabilidade derivada de calquera prexuízo que puidese sufrir durante o desfrute do premio obxecto da presente promoción.
O período que se establece para calquera posible reclamación é de 10 días hábiles desde a publicación da persoa gañadora da promoción, de maneira que transcorrido este prazo, non se atenderá ningunha reclamación relacionada coa presente promoción.
13.- Fiscalidade
Os premios da presente promoción estarán suxeitos á normativa vixente en materia de IRPF, e la correspondente en materia de Loterías y Apuestas del Estado.
De conformidade coa normativa de IRPF, infórmase aos participantes na presente promoción de que os premios concedidos pola participación en xogos, concursos, rifas, ou combinacións alternativas vinculadas á venta ou promoción de bens ou servizos están suxeitos a retención ou ingreso a conta sempre que o valor do premio fora superior a 300 Euros.
14.- Foro
Para toda cuestión litixiosa que puidese dimanar do presente concurso e la interpretación e/ou aplicación das presentes bases, tanto a Reserva de Biosfera MCeTM como os/as ganadores/as e participantes no mesmo, fan expresa renuncia a calquera foro que puidese corresponderlles, e expresamente sométense aos Xulgados e Tribunais da Coruña.
15.- Depósito das Bases
As Bases da presente promoción encóntranse depositadas na páxina web da Reserva de Biosfera MCeTM:
16.- Desvinculación con Facebook, Twitter e Instagram.
Nin Facebook, nin Twitter, nin Instagram patrocinan, avalan ou administran de modo algún esta promoción ni están asociados a ela. O usuario desvincula totalmente a Facebook, Twitter ou Instagram e é consciente de que está proporcionando a súa información á Reserva de Biosfera MCeTM e non a Facebook, Twitter ou Instagram.