Produtores e hostaleiros aprenden nun cursiño ‘on line’ da Reserva da Biosfera como adaptarse e garantir a seguridade propia e dos clientes.
Os produtores agroalimentarios e transformadores e os establecementos como restaurantes e bares, se antes precisaban formación en manipulación de alimentos, agora é necesario reciclar eses coñecementos para adaptados á nova situación de pandemia global polo Covid-19, pola súa propia seguridade e pola dos cliente
s. A Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo imparte un cursiño on line específico para formar a estos autónomos e pequenos empresarios da comarca para que poidan desenrolar a súa actividade con total seguridade. Son dez horas de clase, das que cinco son titorías personalizadas.