Os vindeiros 15, 16 e 17 de xuño terá lugar na Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros) o curso de verán “Calidade agroalimentaria e desenvolvemento rural: un enfoque agroecolóxico” organizada por a USC, a ADR Mariñas- Betanzos, a Fundación Juana de Vega, a Sociedad Españaola de Agricultura Ecológica (SEAE) e a Sociedad Galega de Agroecoloxía (SOGA).
O curso de verán tratará de analizar de forma participativa os instrumentos e accións encamiñadas a impulsar un proceso de desenvolvemento rural en base ao uso sostible das terras agrarias. O fomento do emprendemento verde a través da produción e transformación agroecolóxica, e o consumo en canles curtas das producións locais son os piares nos que se basea o programa (Ver tríptico adxunto).
A inscrición ao curso está aberta ata o 5 de xuño na páxina web da USC(http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/2015/curso_0058.html) ó prezo de 120 € (tarifa xeral) ou 70 € (estudantes, pensionistas e desempregados). Ademáis a Fundación Juana de Vega crea unha bolsa de matrícula e reintegrará o 50% do importe da matrícula aos primeiros inscritos ata agotar o orzamento dispoñible. O prezo inclue a degustación de produtos da Reserva de Biosfera e o traslado as visitas a tarde do lúns e mércores.
Descarga o Programa premendo no seguinte enlace: