A Oficina Agraria Comarcal de Betanzos, en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organiza un Curso sobre “MANEXO DO SOLO NA HORTICULTURA ECOLÓXICA”, que se desenvolverá os vindeiros días 1, 9 e 14 de Outubro.
Esta actividade está enmarcada no Plan de Formación ao Agro Galego 2020, impulsado pola Consellería do Medio Rural, co obxectivo de apoiar e promover a competitividade do sector agrario en Galicia.
Contidos do curso:
- O solo: características físico-químicas.
- Necesidades nutritivas dos cultivos.
- A bioloxía do solo: esta gran esquencida.
- Obxectivos e planificación do laboreo.
- Apeiros para labrar.
- Labores básicas durante o desenvolvemento do cultivo ecolóxico.
- Diagnose do solo: perfil.
- Elaboración dunha recomendación de fertilización.
- Caldos microbianos.
- Compostaxe.
Dirixido a:
- Agricultores/as en activo.
- Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.
- Persoas con expectativas de incorporación á actividade agraria.
Lugar de impartición:
INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE FORMATIVA
As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Oficina Agaria Comarcal Betanzos, empregando o seguinte formulario:
https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/temas/formacion/formacion-continua/Formulario_solicitude_de_asistentes.odt
As solicitudes presentaranse en:
- SEDE ELECTRÓNICA (preferentemente), a través do procedemento PR004A: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=es
- Na OFICINA AGRARIA COMARCAL DE BETANZOS, tamén se poderá presentar o formulario de inscrición no Rexistro desta OAC.
- Excepcionalmente, tamén se poderá enviar o formulario de inscrición aos seguintes CORREOS ELECTRÓNICOS: oac.seca.betanzos@xunta; diego.miranda@marinasbetanzos.gal