Estás interesado en coñecer novas estratexias de marketing e comercialización para chegar a novos clientes?
Queres aprender a deseñar etiquetas e envases que fagan máis atractivo o teu produto?
Queres coñecer experiencias de éxito e innovadoras no ámbito da produción e comercialización agroalimentaria?
A Asociación Mariñas-Betanzos organiza un Curso (gratuíto) sobre “MARKETING, MERCADOS, ETIQUETADO, ENVASADO E COOPERATIVISMO AGROALIMENTARIO”, que se desenvolverá na Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós – Oleiros), desde o luns 7 ao venres 11 de setembro, en horario de mañán. Recomendamos que traias o teu ordenador portátil ou tablet! Xúntase o programa.
O venres 4 de setembro haberá unha visita a Granxa O Cancelo (Bico de Xeado), e á Cooperativa O Plantel, para coñecer como funciona unha cooperativa, e como a diferenciación, a innovación e a diversificación son estratexias clave para chegar a novos mercados.
O prazo para inscribirse remata o Mércores 2 de Setembro, ás 15.00 horas. Si estás interesad@, tes que enviar un correo-e a info@marinasbetanzos.gal ou tamén podes chamar ao teléfono 981 669 541. (INDÍCANOS O TEU NOME E APELIDOS, Nº DNI, E SI VAS A PARTICIPAR NA VISITA, NO CURSO OU AMBOS). Hai límite de prazas!!