Volver a noticias

Curso sobre “Marketing e diferenciación, acceso a mercados e cooperativismo no sector agroalimentario”

14/1/2022

A Asociación Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, organiza un Curso sobre “MARKETING e DIFERENCIACIÓN, ACCESO A MERCADOS, ETIQUETADO, ENVASADO E COOPERATIVISMO NO SECTOR AGROALIMENTARIO”, que se desenvolverá na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós – Oleiros), desde o luns 19 ao venres 23 de setembro, en horario de mañán.

Este curso está dirixido a emprendedores, produtores agroalimentarios e demais persoas interesadas en:

No marco desta actividade, o mércores 28 de Setembro haberá unha visita a Finca O Cabillón (Fundación Edes), en Tapia de Casariego (Asturias), para coñecer unha experiencia singular de produción e comercialización de produtos ecolóxicos a través das canles curtas.

O prazo para inscribirse remata o Xoves 15 de Setembro, ás 15.00 horas.

Si estás interesad@, tes que enviar un correo-e a diego.miranda.b@gmail.com, info@marinasbetanzos.gal ou tamén podes chamar ao teléfono 981 669 541. (INDÍCANOS O TEU NOME E APELIDOS, Nº DNI, E SI VAS A PARTICIPAR NA VISITA, NO CURSO OU AMBOS). O curso é de balde pero hai límite de prazas!!

Para o desenvolvemento do curso recomendamos que traias o teu ordenador portátil ou tablet!