A Oficina Agraria Comarcal de Betanzos, dependente da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (wwww.marinasbetanzos.gal) organiza un Curso sobre “XESTIÓN EMPRESARIAL DUNHA EXPLOTACIÓN HORTÍCOLA ECOLÓXICA”, que se desenvolverá os vindeiros días 5, 11 e 16 de Novembro.
Esta actividade está enmarcada no Plan de Formación ao Agro Galego 2020, impulsado pola Consellería do Medio Rural, co obxectivo de apoiar e promover a competitividade do sector agrario en Galicia.
Contidos do curso:
- O plan empresarial: por qué?
- Principios básicos de economía da empresa agraria. Por que facer un seguimento máis alá do fiscal: o análise de custes?
- Ferramentas para a contabilidade. Análise de variables de interese.
- Estratexias para mellorar ingresos e reducir custes. Propostas prácticas para unha mellor economía das explotacións.
- O dilema e a oportunidade da comercialización directa e as canles curtas.
- Que beneficio por hectárea me deixa o cultivo X?
- Rendementos agardados e control de custes de produción.
- Práctica: determinación dos custes de produción de cada explotación participante e análise de resultados
Persoas destinatarias:
- Agricultores/as activos/as.
- Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.
- Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.
Horario:
Duración: 16 horas
Lugar de realización:
- 5 e 11 de Novembro. Aula Formativa de O Naranxo (O Naranxo, s/n. Abegondo)
- 16 de Novembro. Aula Multimedia do Concello de Abegondo (San Marcos. Abegondo) (Localizador: https://goo.gl/maps/hnJnCczH1ET2DXUX7)
Inscrición:
As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Oficina Agraria Comarcal Betanzos, empregando o seguinte formulario:
https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/temas/formacion/formacion-continua/Formulario_solicitude_de_asistentes.odt
As solicitudes presentaranse en:
PINCHA AQUÍ: cartel_curso_xestion empresarial